O Pazo da Ópera acolle o segundo concerto do ciclo Outono-Inverno da Banda Municipal de Música da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o próximo domingo, 10 de novembro ás 12.15 horas, o Pazo da Ópera acolle o segundo concerto do ciclo Outono-Inverno da Banda Municipal de Música da Coruña. A entrada é libre e actuarán, como convidados, o prestixioso grupo de percusión galego Odaiko e o director Rafael Agulló, novo valor da dirección musical en Galicia.

A música latinoamericana será a protagonista nun programa moi suxestivo e atractivo, no que todas as obras presentadas serán primeiras audicións para a BMC. Liberadores de Óscar Navarro ou Fandanguería do colombiano Vitoriano Valencia son músicas dun lado e o outro do Atlántico que farán as delicias do variado auditorio da banda.

6 de novembro de 2013 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.