O pavillón municipal do Berbés acolle o XV Trofeo Cidade de Vigo de Karate

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

O XV Trofeo Cidade de Vigo de karate celebrarase este sábado, 30 de novembro, no pavillón municipal do Berbés, un evento que é “todos os anos un éxito rotundo, un evento moi coñecido a nivel nacional”, en verbas do presidente do club organizador, que sumará este ano novas modalidades en competición.

O presidente do Zanshin agradeceu o apoio dos patrocinadores, particularmente do Concello de Vigo, “sen o que non se podería celebrar este evento”, e avanzou que mañá, xunto á competición, haberá unha demostración a cargo do club vigués.

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou a súa “satisfacción” pola celebración dunha nova edición deste certame, un evento de “repercusión e calidade” que conta co respaldo do goberno de Vigo.

29 de novembro de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.