“O País do Pato Donald” chega ao Auditorio Luis Tobío de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomar
A-
A+

Este sábado, 30 de novembro, o Auditorio Lois Tobío acolle a representación O País do Pato Donald, de Lagarta, lagarta. O País do Pato Donald é unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días a cabalo entre a realidade e as lembranzas dunha vida anterior moito máis rica e idealizada.

Un espectáculo baseado na fermosura do texto e nas interpretacións dos actores Ernesto Chao e Rosa Álvarez, onde se aspira en todo momento en traspasar as emoción dos personaxes ao público dun xeito real e auténtico. 

A cita será ás 22.00 horas do Auditorio do municipio. O prezo da entrada é de 3’50 euros.

28 de novembro de 2013 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.