O órgano provincial coruñés habilita unha partida de emerxencia de 20.000 euros para os damnificados do tifón de Filipinas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGalicia exterior
A-
A+

A Deputación da Coruña habilitará unha partida económica de emerxencia para contribuír a paliar os efectos do devastador tifón que asolou nos últimos días Filipinas.

Segundo explicou o presidente provincial, Diego Calvo, o acordo será tomado no próximo pleno que se celebre na institución, a semana que vén, co fin de que a axuda chegue o antes posible aos que máis o necesitan.

A axuda, dun total de 20.000 euros, será tramitada a través das organizacións non gubernamentais Unicef e Cruz Vermella, xa que ambas entidades solicitaron o apoio da Deputación, e que, segundo explicou o presidente, “contan cun recoñecemento internacional importantísimo e cunha implantación suficiente no país ao que irá destinada á axuda”. 

14 de novembro de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.