O Olimpic proclámase por primeira vez Campión Galego de Exhibición Adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Olimpic proclamouse por vez primeira campión galego de exhibición adultos, no torneo celebrado o sábado en Arteixo. Desta forma, o club vilagarciano superou ao Tao, que sempre gañara o Galego e o Campionato de España na categoría adulto. O Olimpic lograra hai un par de semanas o primeiro posto en exhibición no Campionato do Mundo de Artes Marciais, polo que partía coma un dos favoritos e non decepcionaron cun exercizo espectacular e arriscado.

En segunda posición quedou o Tao B, mentres que o bronce foi para o Tao e o Mace. O Olimpic e o Tao B logran praza para disputar o campionato de España (do 19 ao 22 de decembro en Marina D´Or), aínda que seguramente acudirán outros equipos pola súa conta. Hai que recordar que Galicia conta con verdadeiros especialistas nesta modalidade e os clubs galegos son os absolutos dominadores no campionato estatal. O pasado ano, Galicia copou o podio tanto absoluto coma infantil, co Tao coma campión de España adulto e o Mace Sport B, campión infantil.

Na exhibición os equipos presentan un programa coreográfico con música, no que se combinan movementos, defensa persoal e acrobacias.

A continuación, celebrouse o Galego de Combate na categoría xúnior coa participación de 123 deportistas (52 mulleres e 71 homes) dun
altísimo nivel, xa que entre eles figuraban varios medallistas estatais que non decepcionaron. Así, na categoría masculina os campións
galegos foron: No peso galo, Brais Pena (Moo Duk Kwan); en lixeiro, Javier González (Mace Sport); en medio, Rubén Troitiño (Mats´s); en
minimosca, Alberto Verea (Maniotas-Noia); en mosca, Mario Brenlla (Maniotas); en pesado, Agustín Carou (Maniotas-Noia); en pluma,
Adrián Jiménez (Natural Sport); en superlixeiro, David Ansede (Moo Duk Kwan); en semimedio, Manuel Parada (Natural Sport) e en
semipesado, Iván García (Mat´s).

Na categoría femininas, as campioas foron:

– Galo: Sandra Rodríguez (Garrapucho)
– Lixeiro: Alejandra Oujo (Natural Sport)
– Medio: Miryam García (Patiño-Moaña)
– Minimosca: Lucía Blanco (Garrapucho)
– Mosca: Ruth Tilve (As Sport)
– Pesado: Sabela López (Patiño-Moaña)
– Pluma: Beatriz Parada (Area)
– Superlixeiro: Sabela García (Patiño-Moaña)
– Semimedio: Sara García (Dobok)
– Semipesado: Ainhoa Boubeta (Patiño-Moaña)

17 de novembro de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.