O obradoiro “Achégate aos Monicreques” chegará a 1.200 escolares de Vigo
O Concello, dentro do departamento de Normalización Lingüística, organiza 270 actividades coa finalidade de xogar aprendendo. “Achégate aos Monicreques” e unha “actividade extraordinariamente demandada” polos centros educativos, segundo revelou hoxe o alcalde.
Durante o día de hoxe, coincidindo coa visita de Caballero, participaron 177 alumnos dos Centros de Educación Infantil e Primaria García Barbón, A Doblada, O Sello e Josefa Alonso, de Matamá.
A fin de semana, no horario habitual do Museo Verbum en Samil, a actividade e a exposición está aberta ao público, e o próximo 21 de decembro celebrarase unha representación de monicreques.











