O Museo Municipal de Ourense acollerá o proxecto solidario “Vidas Entrecruzadas”
Esta mañá presentouse no Museo Municipal o proxecto Vidas Entrecruzadas, que ao longo do vindeiro 2014 traerá pezas artísticas acompañadas de textos a este espazo municipal. A idea parte dos propios protagonistas Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal, que elaboraron esta singular exposición que cada mes do ano que vén terá unha obra distinta. Posteriormente a obra se subastará e a recadación irá para a organización Médicos sen Fronteiras. A súa representante, Laura García, agradeceu esta idea, e informou dos importantes proxectos de cooperación que esta organización leva a cabo.
Pola súa banda, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, fixo fincapé na importancia deste tipo de accións, ademáis de subliñar que con cada obra do mes tamén pasarán escolares en visitas que organizará o departamento de Educación.











