O Mecalia aplasta ao Rocasa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

O Pavillón da Sangriña, cheo a rebordar, dunha afección entregada que gozou dun grande encontro. Advertíase a presenza de numerosos medios, tanto prensa escrita, coma radio e Televisión. O resultado superou de sobra todas a expectativas.
MECALIA ATL. GUARDES 33 – ROCASA GRAN CANARIA 23

Non esperaba o equipo visitante, serio aspirante ao campionato de liga, e claro favorito para este encontro, encontrarse coa mellor versión do Guardés que fixo hoxe o mellor e máis completo partido da tempada.

O Mecalia empezou mandando, continuou e acabou esmagando a todo un Rocasa que se vió impotente ante a defensa férrea, case numantina das guardesas, que propiciaban o fallo das canarias e recuperaban balóns que en rápidas transicións, convertían en goles, tanto ao contragolpe coma no ataque posicional, onde con rapidez de movementos lograban desequilibrar a defensa canaria e destrozar a toda unha porteira internacional, Silvia Navarro, que se vía impotente ante o vendaval guardés.

Por outro lado, o ataque canario, se lograba superar a defensa encontrouse hoxe cunha gran Cristina Maestro, hoxe mestra de porteiras, que xunto coa defensa callaron unha actuación histórica e deron toda unha lección de compenetración.

Con todo ao seu favor, Manu Etayo dié entrada a todas as menos habituais, que para nada desmereceron, e non cederon nin un ápice da diferenza conseguida no marcador.

Victoria inapelable, que nos coloca entre os segundos clasificados da táboa.

Inxección de moral para a viaxe a Moscú, para onde sae a expedición o próximo venres. haberá que ver a hora e facerlles unha gran despedida.

Árbitros.

Alvaro Ruiz e David Zapico do colexio Asturiano.

Exclusións.

Polo Mecalia.- Ana Cequeira (2), Barbara Cerqueira e Alba Dapena.
Polo Rocasa.- Maria Luján, Alba Albadalejo, Davinia Lopez e Francisco Santana (adestrador).

Marcador cada 5 minutos.

4/2, 6/3, 8/3, 10/8, 14/10, 17/12 Descanso, 20/13, 23/14, 26/17, 28/19, 32/21, 33/23 Final

7 de novembro de 2013 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.