publicidade hoxe

O Magosto Solidario de Ares terá lugar o 9 de novembro na Praza da Igrexa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O magosto solidario do Concello celebrarase este sábado 9 na praza da Igrexa. Como vén sendo habitual, nesta festa haberá unha degustación de castañas e outros postres, se ben con anterioridade terá lugar un desfile de carrozas polas rúas da vila a cargo da Asociación Cultural O Tilo.

Despois da actuación das dúas bandas de gaitas locais –a Banda de Gaitas Ría de Ares e o Grupo de Gaitas Aresán-, procederase á entrega de agasallos correspondente a outra das iniciativas que xa son todo un referente nesta data: a do concurso infantil de cabazas, cuxo prazo de inscripción estará aberto no mesmo sitio no que se desenvolverá o magosto entre as 16.30 e as 18.00.

E xa ás sete, as persoas que o desexen poderán degustar castañas asadas, postres caseiros e bebidas. Unha hora máis tarde terá lugar o sorteo de agasallos e, sobre as nove da noite, porase punto e final a este magosto que, como en anos anteriores, ten un carácter solidario, posto que todo o racadado irá para Cáritas de Ares. O evento conta coa colaboración da entidade local Ares Solidario, cuxa axuda na actividade é recoñecida polo concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago.

7 de novembro de 2013 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.