O mago Benxamín leva a súa maxia ata o colexio Castelao de Ordes

Espectáculo de maxia
Os alumnos e alumnas do colexio Castelao, na vila de Ordes, viviron esta mañá unha xornada máxica grazas á visita do mago Benxamín. Todos os asistentes, incluido o cadro de profesores, quedaron abraiados cos números realizados, aos cales moitos deles aínda lle andan dando voltas tratando de atoparlle unha explicación lóxica.











