O Jofre de Ferrol acolle o espectáculo xestual infantil gañador do premio María Casares 2013 “Nuncabunga”
A compañía Elefante Elegante presenta este domingo, día 17, a súa obra teatral infantil “Nuncabunga” no Teatro Jofre. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e forma parte da programación escénica dedicada aos máis pequenos da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.
Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil e familiar a partir dos tres anos. A trama desenvolvese nun espazo que evoca a proximidade co mar, onde vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. As súas rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, que ven perturbar a aparente calma do lugar. ¿Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo?. Esta obra xestual foi recoñecida co premio María Casares 2013 ao mellor espectáculo do ano.
Tickets para o espectáculo
As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.











