O IEM acolle a tertulia “O sector vitivinícola galego: historia e actualidade” con Antón Masa Vázquez
Este venres, 8 de novembro de 2013, TERTULIA do IEM co especialista en xenética da vide, Antón Masa Vázquez (Misión Biolóxica de Galicia) . O faladoiro leva por título “ O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade”, e será presentado polo botánico, Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.
Despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor , ata o xoves 4 de abril ás 22 horas.











