O goberno vilagarcián traslada á Mesa de Negociación unha proposta para poder contratar a máis parados
A Mesa de Negociación do Concello de Vilagarcía reuniuse esta mañá co obxectivo de abordar a proposta presentada polo goberno local de cara á elaboración dos presupostos municipais de 2014. Unha das medidas expostas aos representantes sindicais foi a proposta que permitirá ao Concello contratar a un maior número de parados nos plans de emprego e Cooperación subvencionados por Deputación e Xunta de Galicia. A medida responde á urxente necesidade de atopar emprego que teñen cada vez máis vilagarciáns que se atopan en serias dificultades económicas para poder subsistir, segundo se detecta a diario nos Servizos Sociais e no Departamento de Emprego.
O goberno local estivo representado na Mesa de Negociación pola tenente de Alcalde, Elena Suárez e a voceira do grupo, Rocío Llovo. Demais dos representantes sindicais do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal, asistiu á xuntanza o asesor do departamento de Persoal.
A proposta para os Presupostos de 2014 consiste en incluír unha cláusula pola que as contratacións a realizar a través dos plans de emprego subvencionados por outras administracións non se rexan polo convenio laboral do Concello no que a salario se refire, senón que teñan unhas retribucións específicas. Aínda que este criterio era o que se estaba a seguir en Vilagarcía ata o de agora, a nova situación social e os elevados índices de desemprego e paro de longa duración que se están a rexistrar a nivel xeral, fixo que xa moitos concellos optasen por aplicar este sistema que reduce sensiblemente a retribución salarial por traballador, co obxecto de que un maior número de parados poidan acceder aos contratos.
Na práctica, a medida supón o reparto dos fondos dispoñibles entre un maior número de beneficiarios e que o Concello poida sacarlle o maior rendemento á partida coa que contribúe ao financiamento dos devanditos plans e que ata o de agora se vía moi limitada ao ter que cubrir a diferencia salarial entre a subvención que se percibía por contrato, coas prestacións previstas no convenio do Concello.
Para garantir que se cumpre este obxectivo, o goberno comprometeuse a habilitar unha partida específica nos Presupostos de 2014 dotada cos fondos necesarios para complementar as subvencións dos plans de Cooperación e de Emprego que convoquen Xunta e Deputación o vindeiro ano.
Cambios de destino para mellor funcionamento dos servizos
Outro dos asuntos expostos polo goberno na mesa de Negociación foi o relativo aos cambios de destinos dunha trintena de traballadores municipais. Moitos destes cambios xa están en vigor dende hai tempo polo que o que se pretende agora é regularizar a situación recolléndoos no cadro de persoal e na Relación de Postos de Traballo que compaña aos Presupostos. En ningún caso, estes cambios de destino supoñen modificación de categoría nin de retribución dos traballadores, razón pola cal non foi preciso convocar concurso de traslado, senón que basta cunha Resolución da Alcaldía.
Todos os cambios realizáronse no marco da reorganización de persoal promovida polo goberno co obxectivo dunha maior eficacia e operatividade dos servizos que se prestan á cidadanía e en función das necesidades de cada departamento ou servizo.
Outro dos puntos da proposta do goberno é a amortización de tres prazas correspondentes a tres traballadores que se xubilan ou xa se xubilaron en 2013. Esta medida se adopta en función aos criterios fixados pola normativa Estatal para o saneamento económico das administracións e tamén en base ao compromiso adquirido polo goberno cons sindicatos nunha das primeiras negociacións colectivas nas que se optou por este sistema de redución de custes salariais antes que ter que recorrer a mediadas máis lesivas para a plantilla e que ninguén desexaba. Neste caso concreto, as prazas que se eliminaría do cadro de persoal con unha de arquitecto (non a de Xerente de Urbanismo), unha de albanel e unha de oficial de carpintería.
Valoración do goberno local tenente de alcalde amosou a súa sorpresa ante a postura adoptada polos representantes sindicais na Mesa de negociación xa que non plantearon ningunha pregunta nin manifestaron a súa opinión respecto á proposta que afecta ao maior número de traballadores municipais, á relativa aos cambios de destino de máis dunha trintena de compañeiros. As únicas cuestións que realizaron foron no turno de rogos e preguntas e sobre outro tipo de asuntos moi concretos ou de forma.
Dado esta circunstancia, como non se chegou a acordo, a Mesa de Negociación volverá a reunirse a semana que ven, momento no que os sindicatos poderán realizar achegas ou contrapropostas, en caso de consideralo oportuno











