O goberno vigués completa un novo tramo da humanización de Brasil

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero explicou que a humanización do segundo tramo da rúa Brasil, recentemente concluída, supuxo a renovación de 750 metros de canalizacións soterradas para o abastecemento, o saneamento e as augas pluviais.

O Concello mantén as 16 prazas de estacionamento existentes e instalou nestre treito 19 puntos de luz, 4 papeleiras, 9 árbores e xardineiras, segundo informou o alcalde durante a visita, a incorpora medidas de aforro enerxético coas placas solares. O goberno de Vigo completará a reforma da rúa Brasil, que sumará un orzamento de dous millóns de euros.

Abel Caballero asegurou que a de Brasil é unha “humanización modélica no centro da cidade”, salientou as melloras que conlevan as reformas de rúas para a sostibilidade e concluíu afirmando que “Vigo ocupa un lugar destacado” no ámbito das cidades intelixentes e a sostibilidade.

18 de novembro de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.