O goberno vigués comeza o martes 26 as obras de humanización de Tomás Alonso, en Bouzas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

As obras de humanización do tramo de Tomás Alonso comprendido entre a alameda Suárez Llanos e a rúa Camilo Veiga arrancarán o próximo martes 26 e prologaránse durante 6 meses. Logo de ser aprobada a dirección facultativa e o Plan de Seguridade e Saúde, iniciánse de inmediato uns traballos que asdenden a 1,6 millóns de euros. Indicou en rolda de prensa que se acometerá a renovación de 1.500 metros de canalizacións, ademais de traballos de mellora en 350 metros liniais e nunha superficie de 4.500 m2. Ademais, colocaránse árbores e xardiñeiras, mantendo todas as prazas de aparcamento porque son precisas na zona, apuntou o rexedor. O rexedor “saudou esta obra porque Bouzas estaba abandonada”, engadiu.

20 de novembro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.