O goberno local vigués adica medio millón de euros a asfaltar 14 estradas das parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O Concello vai reparar o asfalto de 14 estradas de distintas parroquias de Vigo cun investimento de 497.633 euros. O rexedor deu conta da aprobación na Xunta de Goberno Local da adxudicación do procedemento aberto para a contratación das obras de reforzo da capa de rodadura do firme no rural da cidade. Tal e como detallou o rexedor, a relación de rúas é a seguinte: Rúa Saa, Beade; avenida do Tranvía, Cabral; Ceip Carballal, Cabral; rúa Goleta, Candeán; rúa Portoloureiro, Castrelos; Camiño Romeo, San Andrés de Comesaña; Estrada de Fragoselo, Coruxo; Baixada a Pontenova, Freixeiro; rúa Leonardo Alonso; Severino Cobas, Lavadores; Camiño Raposeira, Sárdoma; Doutor Corbal; Teis; e Estrada Monte Alba, en Valadares.

Por outra banda, o alcalde tamén deu conta da aprobación da utilización de dúas parcelas municipais para novos hortos urbanos. Concretamente, Sardomela, 15, interior (Cabral) e Ramón Nieto, 266, interior (Lavadores). Deste xeito, ampliaráse a seis as hortas urbanas en funcionamento na cidade, xa que están en marcha as de Camelias, Teis, Ramón Nieto e Navia.

29 de novembro de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.