O goberno local ferrolá acometerá melloras na rúa Masaia de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe o barrio de Caranza para supervisar xunto cos representantes veciñais da zona as actuacións acometidas esta semana polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello de Ferrol. Estas intervencións forman parte da segunda fase do Plan de Barrios, programa posto en marcha polo Goberno Municipal e que permite intensificar de maneira coordinada a actividade dos diferentes servizos municipais para responden ás peticións veciñais de cada un dos barrios da cidade. Así mesmo, o Plan de Barrios tamén facilita a comunicación directa e fluída do rexedor e dos supervisores dos servizos municipais cos propios veciños para coñecer de primeira man as necesidades de cada barrio ou parroquia de Ferrol.

Así, o primeiro edil acudiu a este encontro de traballo cos representantes da Asociación de Veciños de Caranza acompañado pola concelleira responsable do barrio, Rosa Martínez Beceiro; e do concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro Muñoz. Ademais de repasar as tarefas de mellora e conservación feitas en Caranza durante as últimas dúas semanas ao abeiro do Plan de Barrios,  Rey Varela tomou nota da demanda veciñal de arranxar as deficiencias que presenta a rúa Masaia con Fontelonga. Ao respecto, o primeiro edil da cidade encargou aos técnicos municipais un informe valorado sobre o custe que tería actuar nesta zona de Caranza; e asumiu o compromiso de investir até un máximo de 50.000 euros en mellorar o pavimento de Masaia.

No que atinxe aos traballos dos servizos municipais e empresas que traballan para a Administración ferrolá en Caranza durante as últimas dúas semanas, Rey Varela apuntou que a valoración dos mesmos ascende a un total de 104.000 euros. Entre as máis destacadas, están::

– Un total de 74 treitos de reparación de beirarrúas nas seguintes rúas do barrio: rúa Juan de Austria, rúa Prado, rúa Luís de Requesens, rúa Lepanto, rúa Exército Español esquina con rúa Cádiz, rúa Fonte do Piñeiro, rúa Mestre López Dafonte, Avenida de Castelao e Avenida do Mar.

– Roce e Chapeo en todo o barrio, con especial atención aos solares da Rúa A, Marín e os do Mercado de Caranza.

– Limpeza e lavado de papeleiras e contedores, así como a colocación de 71 novas papeleiras en Tejeras, Vivendas de Bazán e o paseo marítimo de Caranza.

– Colocación de suxeita-contedores nas rúas Lepanto, Tejeras e Vivendas de Bazán.

– Un total de 16.912 metros lineais de pintado e sinalización viaria, dos cales 16.547,8 atenden ao trazado de liñas continuas e descontinuas.

– Repaso de 181 indicacións viarias que corresponden con: 67 pasos de peóns, 35 frechas de dirección, 28 cedas ao paso, 25 prazas de aparcamento para minusválidos, 14 símbolos de autobús e 12 stops. Ademais da colocación de 7 sinais verticais.

– Limpeza de 269 columnas.

– Mantemento correctivo e preventivo e control de calidade do servizo de abastecemento de auga. Ademais, de traballos de reparación de boca de rego en Alcalde Quintanilla e Armada Española e de arranxo da rotura en tubería de abastecemento en Avenida do Mar fronte á Capela.

– Reforzo no mantemento de zonas verdes, poda de 853 arbustos e 415 metros lineais de setos e traballos de arboricultura. Ademais do acondicionamento da glorieta de entrada ao barrio de Caranza.

– Reparación do mobiliario urbano do paseo marítimo, reposición de 500 barrotes e pintado de todos os bancos.

– Revisión de funcionamento e estado dos xogos en tódolos parques infantís e biosaludables de Caranza.

8 de novembro de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.