O goberno de Ourense remata a expropiación dos terreos cara a construcción da nova depuradora
O Concello de Ourense rematou o pasado 4 de novembro coa disposición e expropiación dos terreos cara a construcción da nova depuradora da cidade, que permitirá garantir o abastecemento de auga os próximos 15 anos.
A expropiación máis costosa foi a relacionada coa parcela 4 sobre a que existía un establecemento de hostalería, que acadou unha indemnización de 800.000 euros, quedando agora os terreos a disposición da administración local e da empresa adxudicataria da obra para a súa execución.
O final das obras na nova depuradora, está previsto, segundo a programación da empresa adxudicataria, en xaneiro de 2016, momento no que se poderá proceder á demolición da actual EDAR e desenvolver os traballos para a execución do parque público nos terreos liberados, o cal está previsto en dous anos.
As obras son resultado dun convenio asinado pola Sociedade Estatal “Aguas de la Cuenca del Norte, SA”, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución e explotación das obras da actuación mellora do saneamento de Ourense, EDAR de Ourense.
O investimento das obras é de 49 millóns de euros, cofinanciados por tres administracións; 36.750.000 por parte da Administración Central, a través de Acuanorte, 10.109.000 por parte da Xunta de Galicia e 2.141.000 por parte do Concello de Ourense.
O obxectivo da actuación é a construción e explotación das infraestruturas necesarias para completar e modernizar o sistema de depuración da cidade, mediante:
– A construción dunha nova depuradora, con capacidade de tratamento suficiente para satisfacer as necesidades de 350.000 habitantes equivalentes, o que supón o triple de capacidade da instalación actual. Poderá tratar completamente un caudal de 4.238 m3/h de augas residuais
– Prolongación do actual colector ata o bombeo de auga bruta da nova EDAR
– Demolición da actual depuradora
– Recuperación ambiental e paisaxística da marxe esquerda do río Miño, onde se ubica a planta, unha vez demolida a depuradora actual.
Corte no acceso dos viandantes ao Paseo das Ninfas
As obras de actuación “Mellora do saneamento de Ourense, Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)”, provocarán un corte ao acceso dos viandantes no paseo das Ninfas dende o mércores, 13 de novemebro e ata o día 29, na marxe esquerda do río Miño.
O corte realizarase para garantir a seguridade dos viandantes, mentres se realizan a execución do desvío da liña eléctrica que abastece a EDAR de Reza, máis un tramo do novo colector de entrada á nova EDAR.
O corte soamente afectará aos días háboles e introducirase sinalización e desvíos para ques usuarios e usuarias poidan desfrutar do paseo nas Nifas, agás no tramo afectado.











