O goberno de Ordes conxela a taxa de lixo e redúcea no rural
O Concello de Ordes celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se acordou modificación de diversas ordenanzas tributarias. Entre elas destaca a do lixo, que non sufrirá incremento algún salvo o marcado polo IPC e que no ámbito rural incluso se verá reducido. De cara ao 2014 pagarase pouco máis de 6,70 euros en urbano e de 4,50 no rural. “Temos claro que non vamos a cargarlle á poboación de Ordes o incremento que SOGAMA pretende aplicarlle aos concellos de máis dun 33%”, manifestou o alcalde Manuel Regos. Por parte da tenente de alcalde, Silvia Marín, defendeu esta medida “sobre todo tendo en conta aos pequenos empresarios e autónomos que cada día levantan este país”. Os propietarios de locais comerciais e baixos baleiros tamén verán reducida o seu recibo, cifrándose en 4 euros no urbano e 2 euros en zona rústica. O mesma conxelación se aplicará á tasa de abastecemento, distribución e saneamento da auga, “sen esquecer que Ordes está a cumprir con canon da auga que se lle paga á Xunta de Galicia e que non remata investíndose no municipio”, manifestou o edil.
No caso dos bens inmobles aplicaranse exencións e bonificacións prevista na lei naqueles casos de familia numerosa, e o goberno local asegura que o gravamen reducirase nun 0.58% de cara ao ano 2015. No referente aos impostos en vehículos de tracción mecánica con 25 anos de antigüidade aplicarase unha bonificación do 100%. Facendo referencia ás modificacións catastrais o goberno local defende a súa realización tras 20 anos nos que non se facía ningunha revisión e que finalmente baixará o seu tipo impositivo nun 2,77%. Non obstante Manuel Regos posibilitou aos representantes das distintas formacións o plantexamento de preguntas e cuestións na aplicación de bonificacións de explotacións agrogandeiras, para transmitilas no seguinte encontro que se realice cos responsables do catastro. Neste eido especificouse a dificultade de aplicalas en moitas delas ao estar conxuntamente no mesmo código as vivendas e as instalacións agropecuarias.
O outro punto da orden do día correspondía á creación do consello escolar municipal, do cal formarán parte máis de 20 representantes. Mediante este organismo velarase o bo funcionamento da actividade académica e escolar no municipio.











