O goberno de Catoira impulsa unha Rede Local de Circuítos de Ocio de Calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O Concello de Catoira, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Sanidade, está a poñer en marcha o programa Rede Local de Circuitos de Ocio de Calidade, encamiñado a que os locais adheridos poidan proporcionar un servizo de calidade, saudable, responsable e seguro ós clientes.

Unha das actuacións previstas para acadar o obxectivo marcado céntrase na reciclaxe e formación do persoal. Para iso, ofértase a propietarios e empregados dos locais hostaleiros de Catoira un curso que se impartirá na Escola de Hostalaría-Centro Integrado de Formación Profesional “Compostela” (Lamas de Abade – Santiago) os días 25 de novembro e 2 de decembro en horario de tarde. O programa do curso versará sobre a dinamización da oferta na restauración, a atención á clientela, elaboración de cócteles e tapas fríos e quentes,  a normativa vixente e as medidas de seguridade e prevención de riscos.

As 26 persoas de Catoira que xa se inscribiron neste curso recibirán, en compensación polo desprazamento, 20 euros por cada día de asistencia.

22 de novembro de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.