O goberno de Cambre fai un chamamento a colaboración veciñal ante a proliferación de pintadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+
Pintadas nun dos polideportivos

Pintadas nun dos polideportivos

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, pide de novo a colaboración veciñal ante a proliferación de pintadas nas fachadas dos colexios públicos e polideportivos, un problema que é extensivo en todo o municipio sobre todo nos núcleos urbanos, en fachadas de edificios, comercios e garaxes. O primeiro edil recorda que o pasado 20 de agosto se pintou unha fachada do CEIP Portofaro que custou aos cambreses preto de 2.000 euros e que dous días despois apareceu totalmente pintada.

Este delito repítese agora tras pintar a fachada do polideportivo do Graxal, que se pinto fai escasas semanas e que uns días despois apareceu grafiteada. Asegura que o goberno local está a facer un grande esforzo para eliminar estas pintadas dos edificios públicos co obxectivo de ter un concello limpo, agradable, habitable, tal e como queren os veciños de Cambre. “Non” podemos consentir “que un reducido grupo pinte ao seu antollo os muros coas súas firmas, porque tampouco é belo o que pintan. O exemplo máis claro témolo no Tempero onde moitos comerciantes se puxeron en mans de grafiteros profesionais para decorar de forma artística os seus muros e evitar que as ensucíen estas pintadas sen sentido”, destacou o popular.

Dende hai anos este é un dos problemas máis difíciles de combater na Barcala, Cambre e O Tempero, posto que estas pintadas se realizan de noite e moitas veces os responsables saen impunes. A edil esixe aos responsables que reflexionen sobre o dano que causan aos veciños por estes actos polo enorme gasto que supón a limpeza das súas firmas. Recorda que as multas por realizar grafitis nas fachadas públicas, ou calquera outro elemento urbano público (valos, mobiliario, piares ou estruturas de grandes infraestruturas, pavimentos, equipamentos infantís…), poden chegar ata os 3.000 euros.

7 de novembro de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.