O fútbol sala laranxa cólase nas aulas de Riotorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O fútbol sala e o CD Burela FS Pescados Rubén coáronse onte nas aulas do CEIP de Riotorto para transmitir ao seu alumnado a marabillas deste deporte. Xunto ao director da ED Burela FS e preparador físico do equipo sénior masculino, Alfonso Mera, compartiron unha entretida mañá cos nenos/as os xogadores de Primeira División Juanma e Claudia.

Os alumnado do veciño concello mariñán descubriu a través de tres dos seus protagonistas o día a día da estrutura laranxa, a coidada formación de base e a traxectoria dos equipos sénior ata a elite, coa proxección audiovisual dalgúns dos momentos máis emocionantes do club nos seus doce anos de historia. Alfonso Mera, Juanma e Claudia despedíronse de Riotorto tras compartir mesa e mantel co estudantado e profesorado do centro.

26 de novembro de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.