O Fórum Metropolitano da Coruña acolle a representación de “O Buscón” de Francisco Quevedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

A Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández informa de que o Fórum Metropolitano acolle o próximo venres, 22 de novembro, a representación Del buscón. Será ás 20.30 horas e enmárcase dentro do ciclo Sen Numerar.

O Buscón don Pablos, que interpreta Jacobo Dicenta, é o pícaro español, adornado das virtudes e defectos dos que queren ver canto antes solucionada a súa existencia e se encontran cos impedimentos derivados da súa baixa extracción social e da súa falta de educación e cultura. Entre as moitas pasaxes da novela El Buscón, de Francisco de Quevedo, escolléronse aqueles que definen o personaxe nas súas principais aventuras. O Rufián que interpreta Jacobo Dicenta é o pícaro español, adornado das virtudes e defectos dos que queren ver canto antes solucionada a súa existencia, para o que recorren a todo tipo de argucias co fin de obter diñeiro ou prestixio.

A obra, dentro do ciclo Sen Numerar, represéntase no Fórum Metropolitano o próximo venres, ás 20.30 horas, baixo a dirección de Daniel Pérez. As entradas, que son a 9 euros -con descontos de 2 euros para persoas maiores de 65 anos, con carné novo e desempregados-, pódense adquirir a través das canles habituais:

– Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. (Pagamentos en efectivo).
– Despacho do Fórum Metropolitano: o día de función, dende unha hora antes. (Pagamentos en efectivo).
– Televenda: 902 504 500 – www.servinova.com

20 de novembro de 2013 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.