O filial do Azkar Lugo sumou a súa primeira vitoria tras derrotar ao Zamora
O Azkar Lugo B sumou a súa primeira e ansiada vitoria en liga. Os lucenses desfixéronse o pasado sábado por 4 goles a 2 do Zamora FS e viron así recompensado o traballo de pasadas xornadas nas que a vitoria resistíaselles aos galegos. Ante o conxunto zamorano os lucenses foron mellores no inicio, onde lograron poñerse por diante, pero logo os casteláns tamén souberon xogar mellor e o partido estivo aberto ata o final, de feito os galegos non puideron certificar a súa vitoria ata o último minuto cando chegaría o definitivo 4-2.
O inicio do choque foi de clara cor local que monopolizaba o xogo, dominaba e xeraba as mellores ocasións de gol, o que lle levou a en dous minutos, do 7 ao 9, abrir brecha no luminoso cun 2-0 a favor. Cando mellor estaban os lucenses, un erro no inicio de xogada era aproveitado polo Zamora para reducir diferenzas (2-1). Entón os casteláns pareceron apropiarse do partido, agora o dominio era dos visitantes, e xeraron moito perigo sobre todo a balón parado, pero por sorte para os de Morenín e Manuel Vázquez os seus mandaban ao descanso pola mínima.
No segundo periodo, o dominio do Zamora seguiu sendo patente, a escadra branca seguía dominando e ao final conseguirían empatar a contenda ao minuto 27 tras unha boa contra (2-2). Entón o filial lucense reaccionaría e así dous minutos máis tarde Porto poñía en vantaxe aos seus (3-2). As imprecisiones duns e outros deixaban o partido aberto, nin o filial lucense conseguía distanciarse no marcador nin os visitantes conseguían meterse de novo no choque. Con sete minutos por xogarse aínda, o técnico dos zamoranos arriscaría xa coa estratexia de porteiro-xogador, realizando unha boa defensa os lucenses e impedindo que os brancos empatasen de novo. Aínda así ao Azkar Lugo B tocoulle sufrir ata o final xa que non sería ata cando quedaba un minuto para o remate cando Cabanas lograba poñer o 4-2 no marcador e certificar a primeira vitoria dos pronistas.
Ficha técnica:
Azkar Lugo B 4: Nacho, Manu, Rubén Mouriz, Asier e Javi Río, -cinco inicial-, Adrián, Porto, Cabanas, Costoya e Cristian.
Zamora 2: San Raimundo, Cala, Sergio, Javi Cala e Oli, -cinco inicial-, Mañanes, Noel, Pintado e Velasco.
Árbitros: Carreira Romero e Ruano Melón (A Coruña). Amonestaron con tarxeta amarela a Cristian e Adrián (Azkar B) e a Jorge e Sergio (Zamora).
Incidencias: 7ª xornada de liga no grupo I da 2ª división B. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 7 Cristian, 2-0 min. 9 Porto, 2-1 min. 10 Sergio, 2-2 min. 25 Jorge, 3-2 min. 27 Porto e 4-2 min. 39 Cabanas.
O Azkar Lugo B xoga este sábado ante o O Esteo a partir das 17:30 horas no Polideportivo Municipal de As Pontes.











