O Festival de Cine de Ourense presenta a listaxe das películas fóra de competición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta a listaxe das películas fóra de competición na súa decimoitava edición. En total, serán 25 os títulos que se proxectarán fóra de competición artellados en catro cinco categorías diferentes: Inédito en Ourense, Documentais, Panorama Galicia e Cine e Viño, unha das novidades deste 18OUFF. Alén destas, tamén haberá un apartado reservado para filmes que non puideron optar á sección competitiva pero que o departamento de programación do OUFF considerou como unha oportunidade especial proxectalas no Festival. Son as Sesións Especiais. Presentadas as seccións paralelas, e a dez días do inicio do certame, só queda por coñecer cales serán os títulos da sección oficial competitiva do 18OUFF.

[Inédito en Ourense] Unha sección que sempre gozou dun grande apoio por parte do público e onde se pasarán algúns dos títulos, que malia non ser de estrea, non tivemos a oportunidade de ver en Ourense. Os espectadores poderán facer así un pequeno balance en catro actos do ano cinematográfico e das tendencias do cinema de autor nun ano difícil para o sector.

New York Shadows | Juan Pinzás | España, 2012
El estudiante | Santiago Mitre | Arxentina, 2011
Violeta se fue a los cielos | Andrés Wood | Chile, Arxentina, Brasil, 2011
Blue Valentine | Derek Cianfrance | Estados Unidos, 2010

[Panorama Galicia] Un clásico da programación deste festival. Se o OUFF apostou desde os seus inicios por ser o referente e escaparate promocional da produción galega, a grella do 18OUFF inclúe un ano máis unha boa nómina de talentosos e novos directores que se achegarán a Ourense coas súas novas creacións baixo o brazo.

Uxío Novoneyra: Poeta / Alén | Iván L. Gimeno | Galicia, 2012
Queimar o monte | Emilio Fonseca | Galicia, 2012
A fazaña da liberdade | Seném Outeiro | Galicia, 2013
Magic: The Gathering-El documental | Marcos Fdez. Vázquez | Galicia, 2013
Onde as rúas non teñen nome | Alba Vázquez Carpentier | Galicia, 2012
Pacios, as fotos da memoria | Manuel Darriba | Galicia, 2013
Asolagados | David Vázquez | Galicia, 2013

[Documentais] Un xénero en alza que ten unha crecente demanda por parte dos espectadores. Unha fiestra aberta que insuflará aire fresco e na que se poderán ver traballos tan destacados como o gañador do premio Oscar deste ano ou unha primicia mundial con protagonismo ourensán.

Metílico: a bebida da morte | Emilio R. Barrachina | España, 2013
O fillo do mar | Luís Menéndez | Galicia, 2009
100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro | Aser Álvarez | Galicia, 2012
Guillena 1937 | Mariano Agudo | España, 2013
Searching for Sugar Man | Malik Bendjelloul | Gran Bretaña, Suecia, 2012
Mapa | León Siminiani | España, 2012
Las imágenes perdidas. La otra mirada | Juan Pinzás | España, 2010

[Cine e Viño] A novidade dentro da programación desta edición do Festival, centrado na frutífera relación do viño co mundo do cine. Se Ourense é unha das grandes potencias vinícolas a nivel mundial, as tres películas deste ciclo farán unha maridaxe perfecta cos caldos das catro denominacións de orixe da nosa provincia.

A Good Year | Ridley Scott | Estados Unidos, 2006
Sideways | Alexander Payne | Estados Unidos, 2004
Súper clásico | Ole Christian Madsen | Dinamarca, 2011

[Sesións Especiais] Neste apartado do 18OUFF proxectaranse interesantes propostas que, por diferentes motivos, non forman parte da selección oficial do certame. Catro traballos arriscados e innovadores que nos amosan por onde vai a vangarda do cinema actual.

La venta del paraíso | Emilio Ruiz Barrachina | España, 2012
Viaje al fin de la noche | Raúl García | España, 2013
A cicatriz branca | Margarita Ledo Andión | Galicia, Arxentina, 2012
Operaçao outono | Bruno Almeida | Portugal, 2012

6 de novembro de 2013 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.