O experto en comunicación e innovación, Enrique de la Rica ofrece unha charla na CEO
“Como reinventarnos para adaptarnos ao cambio e obter vantaxes da innovación”. Baixo este título desenvolverase mañá unha xornada na Confederación Empresarial de Ourense en colaboración coa Escola de Negocios de Novacaixagalicia.
Unha parte das empresas ten un modelo de negocio obsoleto; que nalgúns casos, leva inalterado dende hai décadas. Agora, no escenario actual de crise, estas empresas que non cambiaron o seu modelo de negocios enfróntanse a un escenario complexo.
Enrique de la Rica mostrará nesta conferencia a importancia da adaptación da empresa ao período actual e futuro. Para conseguir este obxectivo, alentará á reinvención dos modelos de negocio mediante a busca de técnicas innovadoras que consigan diferenciar o produto froito deste emprendimiento da oferta da competencia.
Data: Xoves, 7 de novembro de 2013
Hora: 19:30 horas
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense











