O executivo coruñés destina máis da metade das axudas de emerxencia social á prevención de desahucios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, lembra que, cada día, traballa de forma intensa con veciños e familias que ven afectadas por unha situación de desafiuzamento, ofrecendo alternativas e a súa carteira de recursos. Neste sentido, máis da metade de axudas de Emerxencia Social diríxense ao pago de cotas hipotecarias ou subministracións básicas co obxectivo de evitar un posible desafiuzamento. Ademais, a Concellaría está en contacto directo coa oficina de lanzamentos do xulgado para detectar situacións de vulnerabilidade. O Goberno local insiste en que o Concello debe velar polo cumprimento da lei e respectar as decisións xudiciais, xa que os desafiuzamentos forman parte dun conflito entre particulares.

O Goberno local ha feito un importante esforzo por aumentar os recursos materiais e humanos dedicados aos diferentes programas e servizos co fin de previr esta situación e, no seu caso, paliar os efectos do desafiuzamento. Deste xeito, triplicáronse os recursos económicos dedicados a emerxencia social aos que en 2013 destínanse 720.000 euros; incrementouse o número de traballadores sociais, superando as 40 persoas; incidiuse en mellorar a tramitación e seguimento da RISGA; ademais doutras prestacións sociais que os afectados poden percibir en función da súa situación persoal, como poden ser as bolsas comedor ou a tramitación dunha praza nunha residencia, entre outros. Por outra banda, o Concello concedeu, no que vai de mandato, un total de 76 vivendas de propiedade municipal en réxime de aluguer para as familias con menos recursos económicos.

O Concello da Coruña informa, ademais, de que, con respecto ao caso de Elisabeth Sanlés, esta muller foi atendida esta mesma mañá por unha traballadora e unha educadora social do departamento de Servizos Sociais do Concello e ofrecer unha praza nunha residencia da cidade – que poderá ocupar de forma voluntaria – e desde a que poderá acceder a diferentes recursos sociais destinados a conseguir a súa inserción sociolaboral. Este é o recurso que os técnicos, desde un principio, valoraron como o que mellor se adapta á súa situación persoal. O Goberno local lembra que, nos últimos anos, a muller recibiu unha atención continuada por parte dos Servizos Sociais municipais, que a atenderon sempre que o solicitou, así como diferentes prestacións sociais. O Concello seguirá traballando, en coordinación coa administración autonómica, para ofrecerlle solucións tanto a ela, como ao resto de familias que ven abocadas a esta situación.

27 de novembro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.