O espectáculo ‘Acuario’ chega ao Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOrdes
A-
A+

Este vindeiro venres ás 19.15 horas o auditorio da Casa da Cultura do Concello de Ordes acollerá o espectáculo ‘Acuario’. Unha obra teatral baseada no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva.

‘Acuario’ chegará, no marco de “FalaRedes 2013” e desde outubro a decembro, visitará os concellos de A Baña, A Bola, A Cañiza, A Coruña, A Laracha, A Peroxa, Aranga, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Castrelo, de Miño, Castro de Rei, Cee, Celanova, Cerceda, Corcubión, Cospeito, Cotobade, Curtis, Dodro, Lobios,  Melide, Muros, Muxía, Neda, Negreira, Ordes, Ourense, Ponteceso e Pontedeume.

Para esta posta en escena contaremos coa autora do poemario, María Canosa, e mais cos tres actores de Teatro dos Ghazafellos: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.

6 de novembro de 2013 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.