O dono dun bar da Coruña agrede á parella dun empregado
Ás 15.30 horas do día 27, unha dotación policial foi avisada á rúa Varela Silvari, onde, ao parecer, produciuse un altercado entre o propietario dun bar e unha clienta. Unha vez no lugar, os axentes foron requiridos por unha moza de 26 anos, quen manifestou que se achegou ao bar no que traballaba a súa parella para levarlle comida e que, mentres estaba a tomar un café, o dono do bar apareceu e empezou, sen ningún motivo, a insultala, chegando a empuxala contra unha columna. Por estes feitos, os policías solicitaron a documentación ao dono do local, de 49 anos, co fin de identificalo. Dita persoa negouse en principio a identificarse, chegando a achegar un nome falso, e insultou aos policías en repetidas ocasións. Foi necesario trasladalo a dependencias policiais para proceder á súa total identificación. Todos estes feitos foron postos en coñecemento do xulgado de garda para formular a correspondente denuncia. A persoa supostamente agredida non presenta signos externos de sufrir lesións. Non desexa asistencia médica no lugar.











