O Director Xeral de Industria comproba a obra de mellora de accesos ao Parque Empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA LarachaCarballo
A-
A+
Visita do Director Xeral de Industria ás obras no parque empresarial

Visita do Director Xeral de Industria ás obras no parque empresarial

O Director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, desprazouse hoxe ata o Concello da Laracha para facer unha visita ás obras de mellora dos accesos ao parque empresarial desde a estrada DP-1909, onde se reuniu co alcalde José Manuel López Varela e cos concelleiros de obras (Jesús Souto e Luis Lamas) e de medio ambiente (José Ramón Martínez Barbeito e Marcos Trigo) dos municipios de A Laracha e de Carballo, xa que ambos promoven esta actuación que conta co financiamento da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

O xefe de obra comunicou aos presentes que a actuación está na súa fase final e que, se as condicións climatolóxicas son favorables, a próxima semana completarase a execución do proxecto coa extensión do aglomerado asfáltico que formará o novo pavimento da vía. A actuación afecta a case tres quilómetros de lonxitude da estrada que comunica A Xesteira (acceso ao parque empresarial) con Castelo (núcleo pertencente a Carballo). Está valorada en 224.000 euros.

Tahoces cualificou a súa visita como “muy satisfactoria” e congratulouse de que dous municipios limítrofes colaborasen por un beneficio común. Neste sentido avanzou que na próxima anualidade a Xunta de Galicia manterá a liña de subvencións para actuacións de mellora de accesos a polígonos industriais e reforzará a referida á eficiencia enerxética, especialmente no relacionado co aforro eléctrico e o importe gasto para as arcas municipais que supón a iluminación pública.

O Director xeral de Industria destacou que “esta obra no sólo beneficia al parque empresarial, también supone una mejora en los accesos hacia núcleos de población, así como a la carretera de Caión y Baldaio”.

Por último, Tahoces felicitou aos membros do goberno local da Laracha polas características do parque empresarial da Laracha, considerando que o polígono está situado nunha “zona estratégica, está perfectamente ordenado y cuenta con unos accesos inmejorables”.

8 de novembro de 2013 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.