O Día da Música celébrase en Neda cun concerto da Tuna de Veteráns da Coruña e da Agrupación Lucero del Alba
Con motivo do Día da Música, a Agrupación Lucero del Alba, en colaboración co Concello de Neda, invita á veciñanza a disfrutar dun festival de luxo na Casa da Cultura. O cartel inclúe as actuacións da Tuna de Veteranos da Coruña e da propia ron-dalla. Celebraráse este venres, 22 de novembro, a partires das oito da tarde e con entrada libre e gratuíta.
A Tuna de Veteranos preséntase no I Certame Internacional de Tunas, celebrado no Palacio de Congresos da cidade herculina en 1992. Dende entón, non parou de levar a súa música por toda a xeografía española, así como polo veciño Portugal. En continuo proceso de renovación e mellora, amplía o seu repertorio coa inclusión de varios xéneros de músicas suramericanas e outros ritmos latinos como boleros, cuecas e rancheiras, además do tradicional propio de Tunas tal que pasodobres, coplas, pasarrúas, folclore galego… Actualmente, saíu á luz o seu último traballo, titulado “Clavelitos”, co que rinden un agarimoso homenaxe a esta melodía que conta con máis de sesenta anos ás súas costas.
Pechando o programa, a rondalla de Neda. Unha agrupación con 48 anos de historia e Meda-lla de Ouro do Concello de Neda. Naceu no seu día como Arrullos del Belelle e, na actualida-de, é a única rondalla da comarca de voces mixtas. Isto é, cantan tanto homes como mulleres. Constitúe un dos sinais de identidade da real vila, expresión viva da tradición do canto en Neda.











