O Deportivo ofrece un intercambio de 1.700 entradas a 18 euros ao Lugo
O Real Club Deportivo, por mediación do seu Presidente Augusto César Lendoiro, solicitou vía carta ao seu homólogo do Lugo, José Bouso Alvite, un intercambio de 1.700 entradas para as afeccións visitantes de cara aos partidos en Riazor (a principios do mes de decembro) e no Anxo Carro (2ª volta).
O Dépor propón que estas entradas teñan un prezo de 18 euros cada unha. En Riazor, a afección lucense situarase, como é habitual, na bancada de Preferencia Superior Lateral.
O obxectivo que persegue o Deportivo é animar os afeccionados deportivistas e lucenses a que se despracen cos seus equipos no único derby galego da categoría.











