O departamento de xuventude ourensán pón en marcha 3 obradoiros de cociña de Nadal para xóvenes maiores de 15 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense, dentro dos seus obxectivos de fomentar a participación e formación dos nosos mozos e mozas, pón en marcha tres obradoiros de cociña dirixidos a mozos e mozas maiores de 15 anos, dentro do programa Ourense Xove 2013.

Mediante estes cursos, que abren mañá o prazo de inscrición, a Concellería busca desenvolver e afianzar a madurez persoal mediante a adquisición de hábitos saudables que permitan aos usuarios e usuarias participar como cidadáns responsables, no traballo e na actividade social e cultural.

Están destinados a todas aquelas persoas que queiran fomentar as súas competencias na arte de cociña e na decoración e protocolo de mesa de cara ás datas de Nadal que se aveciñan, mediante clases prácticas, comunicativas e interactivas.

Tódolos interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición, por orde de entrada das solicitudes nas dependencias da Concellería, na Praza da San Martiño, número 2, baixo dereita ou no teléfono 988388154.

Os horarios, datas e lugar de celebración dos cursos son os seguintes:

Elabora o teu Menú de Nadal. 1º, 2º e postre

Data: luns e venres 13, 16 e 20 de decembro
Nº de horas: 9 h
Horario: de 19:00 a 22:00
Nº de alumnos: 15-20
Prezo: gratuíto
Lugar: Praza Eironciños dos Cabaleiros, 5.

Cociña de inverno

Data: luns e venres 10, 13, 17, 20, 24 xaneiro de 2014
Nº de horas: 12 h
Horario: de 19:30 a 22:00
Nº de alumnos: 15-20
Prezo: 10,70 €
Lugar: Praza Eironciños dos Cabaleiros,5.

Arte na mesa de Nadal

Data: luns e martes 16 e 17 de decembro
Nº de horas: 6 h
Horario: de 19:00 a 22:00
Nº de alumnos: 15-20
Prezo: gratuíto
Lugar: Cafetería Tragaluz. Praza San Martiño.

20 de novembro de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.