O departamento de saúde ourensán premiará as ideas máis creativas sobre a prevención no consumo de alcohol entre menores
Tódolos mozos de 12 a 16 anos que estudien en centros de ensino da cidade terán de prazo ata o 20 de decembro para presentar, dun xeito creativo e artístico as súas ideas relativas á prevención de consumo de bebidas alcohólicas. Será a través do concurso “Apúntate unha idea”, convocado pola Concellería de Saúde do Concello de Ourense, e no que poderán participar individualmente ou en grupos de ata tres persoas.
Os proxectos presentados deberán convidar a desmitificar a imaxe social positiva do alcohol, correxir percepcións erróneas e diminuír a percepción social da normalidade no consumo. Para elo, deberán presentar un lema en galego, cun máximo de cinco palabras; un debuxo en cor ou branco e negro para representar a idea, e un desenvolvemento das accións para difundila.
Os premios serán os seguintes:
Premio ao lema: smartphone libre.
Premio ao debuxo: smartphone libre.
Premio ao desenvolvemento das accións: tablet.
Ademáis, entre todos os participantes sortearanse entradas de cine, teatro ou concertos.
Os traballos deberán entregarse antes do 20 de decembro de 2013 na Concellería de Saúde do Concello de Ourense, na rúa Concordia, número 20, entrechán. Máis información no teléfono 988510622, ou en www.ourense.es/saude.











