publicidade hoxe

O departamento de cultura de Ares organiza unha “busca terrorífica na biblio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendario
A-
A+

O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza unha actividade para conmemorar estas datas de celebración do Samaín e Halloween. “Busca terrorífica na biblio” é o nome desta iniciativa, que se desenvolverá o vindeiro mércores, día 6, na Alianza Aresana. Esta dependencia municipal é tamén o lugar no que as persoas interesadas en participar –o obradoiro vai dirixido a nenos e pais e nais- deberán inscribirse ata mañá martes. Tamén poderán chamar por teléfono ao 981 448 057.

A actividade comezará, como reza no cartel que a anuncia, “coa chegada da escuridade”, é dicir, sobre as sete da tarde. Cada participante, segundo informan dende a área que dirixe o concelleiro socialista Eugenio Fernández Lago, deberá levar unha vela.

4 de novembro de 2013 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.