O curso de técnicas de seguridade e primeiros auxilios do programa actívate 2013 conta con 25 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Onte, luns 18 de novembro, tiva lugar no Centro de Formación do Concello de Tui o acto de clausura do curso de “Técnicas de seguridade e primeiros auxilios” realizado en Tui ao abeiro do programa Actívate 2013 que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para mozos da provincia de localidades de menos de 50.000 habitantes.

O curso “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” tivo unha carga lectiva de 40 horas impartidas a un total de 25 alumnos no Centro de Formación do Concello de Tui. A segunda actividade formativa que o Concello escolleu como parte do programa Actívate 2013 é “Coidados básicos para persoas maiores” que comezará de inmediato e que pecha así a programación deste ano.

O alcalde Moisés Rodríguez e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, acudían onte á clausura do curso no que 25 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, ambos inclusive, acadaron unha certificación formativa na área de seguridade e primeiros auxilios tan demandada para a meirande parte das ofertas de traballo actuais.

Con este novo curso agora rematado o Concello de Tui continúa apostando por unha ampla oferta formativa imprescindible neste momento de crise para mellorar as capacitacións profesionais e as posibilidades laborais dos cidadáns.

19 de novembro de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.