O curso de “Tapas, pinchos e canapés” comeza a vindeira semana en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra un curso de  “Tapas, pinchos e canapés”. Desde o concello pretendese dotar os mozos de nocións básicas de elaboración de tapas , polo que será unha oportunidade importante de aprendizaxe e especialización para a xente máis moza de cara a orientación laboral cara o mundo da hostalería.

O curso ten unha duración de 40 horas, das que 36 serán formativas do propio curso e 4 corresponderá a un taller de carácter obrigatorio sobre as habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de busca de emprego, elaboración do curriculum vitae, orientación laboral… As datas e o horario do curso aínda están por determinar, e confirmarase aos interesados unha vez rematado o prazo de inscrición -20 de setembro-. O curso impartirase no último trimestre do ano.

A inscrición segue aberta xa que houbo algunha baixa de última hora. Os interesados poden anotarse no departamento de Orientación Laboral do Concello, que se atopa na Casa da Cultura de Ribadumia. Os solicitantes deberán entregar fotocopia de DNI e da tarxeta de demandante de emprego, no seu caso. Para participar nel valorarase preferentemente que estean en situación de desemprego e que non realizasen ningún curso deste programa.

Os cursos Actívate son accións formativas gratuítas e financiados pola Deputación de Pontevedra. O Concello de Ribadumia.

27 de novembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.