publicidade hoxe

O CPI Ponte Carreira e Concello de Frades habilitan unha aula como salón de actos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades, en colaboración co CPI Ponte Carreira, están a habilitar unha aula do colexio como salón de actos. Uns traballos que están a realizar unha das dúas cuadrillas de traballadores contratadas polo Concello de Frades ao abeiro do Plan de Cooperación coas Entidades Locais que cada ano pon en marcha a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Un plan que permitiu a contratación de nove traballadores por un período de 4 meses, 4 horas diarias.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, puideron comprobar a boa marcha dos traballos, que inclúen a renovación da iluminación interior, traballos de albanelería e enfoscado da aula, pequenas obras de reparación do interior e pintado da aula. “O novo salón de actos estará listo para as actividades de Nadal”, destacou Roberto Rey, quen sinala que “deste xeito non será preciso desmontar o comedor escolar cada vez que hai unha actividade no colexio”.

A habilitación deste novo salón de actos para o CPI Ponte Carreira conta coa total colaboración da dirección do centro. “O colexio porá o escenario, que colocaremos ao longo dos próximos días, e encargarase de solicitarlle á Xunta de Galicia o mobiliario preciso para o salón de actos”, apunta o alcalde de Frades.

28 de novembro de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.