O concerto de “Auryn” no Jofre pospónse por enfermidade de dous dos integrantes
O concerto da banda Auryn no Teatro Jofre de Ferrol adíase até o 30 de novembro debido á enfermidade de dous dos integrantes do grupo, segundo informou a produtora. A actuación, enmarcada dentro do ciclo “Son(S) do Jofre” da Concellería de Cultura, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, estaba prevista para o vindeiro sábado, día 16.
Esta formación integrada por David, Blas, Carlos, Álvaro e Dani, constitúe un proxecto musical con grandes influencias británicas que pretende recoller o mellor do pop internacional e importalo ao noso país. Auryn encherá o teatro Jofre de Ferrol, posto que a día de hoxe soamente restan por vender 68 entradas. Estas pódense comprar no despacho do teatro municipal ou a través da páxina oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).












Donde puedo averiguar si regresan el dinero o algo porque podía ir el 16 pero el 30 es imposible gracias! 🙂
O mellor é que preguntes no Teatro Jofre de Ferrol ou no propio Concello, xa que son os encargados de distribuír as entradas. Se nos enteramos de algo máis, avisarémoste.
Grazas
Cancelouse o concerto previsto para o día 30.