O Concello inicia unha campaña de limpeza viaria das rúas do centro de Vilagarcía
O Concello porá en marcha a vindeira semana unha campaña intensiva de limpeza das rúas do centro da cidade na que colaborarán operarios municipais das concellerías de Obras e Servizos e os departamentos de Medio Ambiente e Xardíns xunto co persoal de Cespa. Os traballos afectarán tanto a beirarrúas e calzada como a elementos do mobiliario urbano. Os traballos comezan pola zona da Escardia, os Duráns e Marxión e para o seu correcto desenvolvemento é preciso despexar os estacionamentos polo que se prega a maior colaboración dos cidadáns. Con esta actuación, que continuará nas vindeiras semanas por outras zonas, o goberno pretende mellorar a imaxe das rúas do centro da cidade.
Os concelleiros de Obras e servizos e de Medio Ambiente, Ana Granja e Jesús Longa, mantiveron esta venres unha reunión de traballo coa xefa da Policía, o responsable do servizo municipal de Emerxencias e o encargado de Cespa para coordinar a primeira fase da campaña que se desenvolverá de luns a venres.
Os operarios do Concellos actuarán de avanzadilla iniciando as labores o luns comezando coa limpeza de tragantes da rede de recollida de pluviais. Os traballos realizaranse a man desatascando tragantes e arquetas e tamén se utilizará o camión de aspirado para retirar o lixo ou area que pode estar acumulada dentro das canalizacións.
O mércores comezará a traballar Cespa no lavado de beirarrúas e calzada, corta de herbas e limpeza de contedores de lixo e papeleiras. Para poder acometer unha limpeza a fondo é preciso que despexar todos os estacionamentos. A Policía Local valará a xornada anterior as zonas nas que se se vaia actuar ao día seguinte para advertir aos condutores de que deben retirar os vehículos de aí. Tamén se avisará mediante poñendo folletos informativos nos parabrisas dos coches e portais das rúas afectadas, ademais de a través dos medios de comunicación e na páxina web do Concello.
Como os traballos realizaranse en tres xornadas (mércores, xoves e venres) fíxose un plan de actuación para cada un dos días, polo que só será preciso retirar os vehículos estacionados das rúas nas que se vaia a traballar e e día.
O mércores comezarase a traballar ás 7 da mañá e ata ás 13:0 horas seguindo a seguinte orde : Vila Janer, prolongación da Rúa Santa Lucía e Rúa Estación.
O xoves, entre as 7 e as 10 da mañá, limparanse as rúas Moreira Casal, Santa Lucía, Juan Carlos I (entre o Ramal e Ravella) e a Rúa Leiras. Entre as 10 e as 13 horas, os traballos proseguirán ese mesmo día polas rúas Ramón López Piñeiro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesias e Rua Duráns coa confluencia Juan Carlos I.
O venres deberán quedar libres entre as 7 e as 10 da mañá os estacionamentos da Praza Xoán XXIII, Rúa Os Duráns e Aquilino Iglesias ata as respectivas confluenzas con Xoán XXIII e Eduardo Pondal; Pablo Iglesias e López Ballesteros. Dende ás 10 da mañá e ata as 13 horas as labores de limpeza trasladaranse ata Marxión e Juan Carlos I dende Ravella ata a gasolinera de San Roque.
Seguindo este plan, aconséllase aos condutores que abandonen os estacionamentos nas zonas afectadas a noite anterior ao inicio dos traballos de limpeza a efectos de non demorar o seu desenvolvemento e evitar a retirada dos vehículos por parte do guindastre da Policía.
Os traballos no afectarán á circulación, xa que se permitirá o paso do tráfico durante as labores de limpeza.
Os medios que utilizará Cespa para acometer esta campaña intensiva de limpeza de rúas son máquinas varredoras , lavabeirarrúas con auga a presión, cisterna de baldeo, lavacontedores con auga a presión e, onde sexa preciso, desbrozadoras.











