O Concello do Carballiño protagoniza o primeiro número do xornal escolar da Vila do Arenteiro
O alcalde do Carballiño mantivo unha entrevista cos alumnos do colexio Vila do Arenteiro, responsables do xornal que este centro edita con periodicidade trimestral. Un total de seis alumnos realizaron unha intensa entrevista a Argimiro Marnotes, na que non deixaron ningún tema no tinteiro, desde as accións no rural, até a modernización da vila, sen esquecer temas como a reciclaxe ou a seguridade cidadá.
O alcalde contestou atento a todas e cada unha das preguntas, convidando a estes alumnos a que se achegasen ao concello cando se celebrasen roldas de prensa, para seguir informando aos seus lectores.











