O Concello do Carballiño aconsella non mollar as beirarrúas para evitar placas de xeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Dende o concello do Carballiño pídese a colaboración dos veciños e os comerciantes para que, durante estes días de temperaturas baixas, eviten mollar as beirarrúas, para que non se creen placas de xeo que poderían orixinar algún accidente entre os peóns. Sobre todo advírtese de que se evite mollar as beirarrúas nas horas nas que as temperaturas son máis baixas, primeira hora da mañá e última da tarde.

Operarios do concello vixían tamén durante estes días as zonas nas que son máis propensas a formación de placas de xeo, para evitar a formación destas e polo tanto ofrecer maior seguridade aos viandantes.

Así mesmo recomendan aos veciños, sobre todo persoas maiores e nenos, que eviten as zonas sombrías das rúas e as prazas, xa que son os lugares onde máis doado é que se poidan formar pequenas placas de xeo, e polo tanto zonas onde é doado esvarar.

28 de novembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.