O Concello de Vilagarcía proxecta a rehabilitación da fonte da Praza do Castro
A Praza do Castro será obxecto de unha serie de melloras tendentes a arranxar algúns desperfectos e de resaltar a súa estética dándolle máis protagonismo á fonte de pedra que a preside. A concellería de Obras encargou un proxecto de rehabilitación a ARI no que se programa a rehabilitación da fonte, que volverá a botar auga, e o acondicionamento de parte do pavimento que a rodea.
O proxecto de deseñado polos técnicos da Oficina da ARI axústase aos criterios de rehabilitación do patrimonio local establecidos para a a Área de Rehabilitación Integral do casco vello de Vilagarcía, que inclúe a Praza Martín Gómez Abal, tamén coñecida como Praza do Castro. A idea é resaltar a emblemática fonde de pedra para o cal restauranse algunhas pezas, faranse inxertos nas partes que presentan roturas ou se atopan en mal estado. Tamén se arranxarán os sistemas de fontanería para que as billas volvan a botar auga e impermeabilizarase o vaso, Por último, instalarse iluminación para que a fonte luza tamén pola noite.
Como a intención é que a fonte que preside a praza sexa o centro de atención da mesma os técnicos propoñen retirar o farol con pedestal octogonal que non estaba orixinariamente e que se colocou hai algo máis de dúas décadas cando se cambiara o pavimento da praza. Para enfatizar a fonte, tamén se reporá o pavimento que a rodea.
A actuación está presupostada en 30.000 euros que se financiarán a través do fondo de remanentes obtidos de sobrantes orzamentarios e partidas non executadas en anteriores exercizos económicos.











