O Concello de Vigo ofrece formación en fiscalidade, recursos humanos e xestión ás entidades deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O Concello organiza programas de formación no ámbito deportivo orientado aos responsables da gestión e funcionamento das entidades. Así o explicou hoxe mércores Abel Caballero nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por directivos de distintos equipos e modalidades da cidade. Trátase de facilitar a súa labor, dixo, debido ás esixencias establecidas na lexislación vixente que, en moitas ocasións, representan dificultades para os directivos.

O programa inclúe tres xornadas formativas que se desenvolverán no Museo Verbum os días 2, 9 e 16 de decembro, entre as 19,30 e as 21,30 horas. Unha das sesións estará adicada á fiscalidade nas entidades deportivas, a segunda, aos recursos humáns e a terceira, á xestión administrativa nas entidades deportivas.

27 de novembro de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.