O Concello de Vigo desenvolverá o ámbito comercial de Liñeiriños segundo directrices do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, de conta hoxe mércores do encontro que mantivo onte en Madrid con responsables de Eurofund Investiments, unha reunión na que tamén estivo presente a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva. Tal e como dixo, os responsables da empresa inglesa prantexaron que seguen a considerar que o proxecto de Vigo é de gran importancia, xa que centraliza nesta cidade unha area de 7 millóns de persoas. Deste xeito, reiteraron o seu interese en levar adiante este proxecto inversor, xerador dun complexo de ocio que ten como area de influencia desde Oporto ata o norte de Galicia e unha parte de León e Zamora.

Segundo lle transmitiron ao alcalde e á tenente de alcalde, están dispostos a seguir no seu empeño e levar adiante un proxecto que, na súa opinión -compartida polo propio alcalde- xerará 3.000 postos de traballo, ademais será un factor inamizador da economía e do comercio vigués porque atraerá persoas. Os inversores tamén lles transmitiron que teñen un plan B, no caso de que esta iniciativa non se poida levar a cabo na cidade.

Durante a rolda de prensa, Caballero ratificou que o goberno local seguirá a traballar na liña que indica o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Avanzou que de xeito inmediato e como mandata o Plan Xeral, o Concello iniciará o desenvolvemento urbanístico da zona e anunciou que será un proceso administrativo longo.

Alcaldes

O rexedor de Vigo mantivo onte en Madrid outra reunión, neste caso con alcaldes e voceiros dos grupos socialista, Izquierda Unida, Compromis e Coaliación Canaria, para valorar a marcha da lei de bases de réxime local. Explicou que existe unha “preocupación compartida de que cada paso que se da, o proxecto de lei empeora”. Concretamente, referiuse á transferencia de competencias sociais desde os concellos cara ás comunidades autónomas que suporán efectos moi negativos, tanto, puntualizou, que o goberno decidiu aplazar esta cesión ata 2016 e non realizala no 2014 como estaba previsto para “alonxalo de procesos electorais”.

20 de novembro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.