O Concello de Vigo ampliará a tres días a celebración da festa da Reconquista no vindeiro 2014

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

Os vigueses disfrutarán no ano que ven dun día máis de celebración da Festa da Reconquista, tal e como acordaron hoxe xoves o alcalde e os representantes da Asociación de Veciños do Casco Vello. Aproveitando que o día 28 de marzo será venres, organizadores e Concello decidiron prolongar os actos festivos ata o domingo coa conseguinte ampliación orzamentaria. Logo do encontro no que tamén participaron a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, Abel Caballero avanzou o obxectivo de converter este evento nunha festa de interese nacional, unha categoría que se pode solicitar cinco anos despois de ser declarada de interese galego. Engadiu que se traballará para darlle a esta festa entidade supraterritorial para cumprir os requisitos que demanda este recoñécemento.

14 de novembro de 2013 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.