O Concello de Tui ofrece á cidadanía un servizo de orientación laboral
O Concello de Tui pon a disposición de todos aqueles usuarios que o soliciten, o Servizo de Orientación Laboral, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta. O persoal técnico encargado deste servizo esta instalado no Centro de Formación do Concello de Tui (A Gándara, Guillarei).
Este Servizo de Orientación Laboral do Concello de Tui ten como finalidade o apoio a demandantes de emprego e empresas, realizando funcións de información e asesoramento na procura de emprego, así como a captación de ofertas de emprego apoiando a intermediación entre a oferta e a demanda.
As persoas interesadas deberán concertar cita previa coa Orientadora Laboral, ben a través do Servizo Público de Emprego de Tui ou a través do teléfono 986 60 32 28.











