O Concello de Pontevedra resolve os asolagamentos das Palmeiras que anegaban Raíña Vitoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra realizou nestes días traballos no Xardíns de Vincenti e nas Palmeiras para resolver os problemas de anegamentos e “riadas” que causa a chuvia nas escaleiras de baixada á avenida de Raíña Vitoria, especialmente nos días de temporal.

A obra foi executada pola Concellaría do ciclo da auga, que xestiona Raimundo González, a través da empresa Aquagest. Tivo un custe de pouco máis de 9.000 euros e consistiu na instalación dunha canalización de 130, dous pozos e seis sumidoiros en distintos puntos das Palmeiras próximo á avenida Raíña Vitoria.

Os asolagamentos que se producían durante os temporais de chuvia nas Palmeiras facían que a auga caíse en tromba cara a avenida Raíña Vitoria, que o Concello confía en ter resolto agora con esta intervención.

20 de novembro de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.