O Concello de Pontevedra realiza traballos de mantemento e reposición dos bancos de toda a cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra iniciou fai uns meses un plan de mantemento, mellora e reposición –de ser o caso- de todos os bancos de toda a cidade, tanto no centro histórico, como no ensanche e nos barrios.

Resulta visible en rúas céntricas e nos barrios a retirada dos tablóns dos bancos ou das baldas situadas nos alcorques de rúas como en Gutiérrez Mellado. O traballo que se fai progresivamente e por fases, consiste na retirada dos tablóns do banco, decapado, lixado, barnizado e colocación, outra vez, nos bancos. No caso de que os materiais estean moi deteriorados substituiranse por outros, e tamén se reporán aqueles elementos que non existían.

Outra parte dos traballos é o tratamento dos pes de ferro que están a pintar ou de ser o caso, a ser tratados contra a ferruxe.

19 de novembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.