O Concello de Ourense dará continuidade ao programa Ociourense en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O programa Ociourense, celebrado con gran éxito de participación nos últimos tres anos con máis dun millar de participantes por edición, acadará en 2014 a súa cuarta edición. A Xunta de Goberno Local aprobou destinar ao programa 18.000 euros, requisito imprescindible para que o Ministerio de Sanidade subvencione, polo súa banda, a cuantía restante necesaria para desenvolver as actividades incluídas no programa.

Así, o Ministerio de Saúde aportará 42.000 euros, o que supón un 70% da financiación total. A subvención concedida responde á convocatoria de axudas corporacións locais para o desenvolvemento de programas de prevención de drogodependencias, con cargo ao Fondo de Bens decomisados por tráfico ilícito de drogas e outros delitos relacionados.

O programa, celebrado nos anos 2011, 2012 e 2013 manterá en 2014 a súa premisa fundamental, como é o reforzo da protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas, proporcionando alternativas saudables para o seu tempo de lecer.

“Ociourense” manterá como obxectivos xerais a promoción da saúde desde o ámbito municipal, introducir pautas de ocio que fomenten o desenvolvemento persoal e a creatividade, ofrecer espazos públicos e actividades para un ocio divertido, activo e positivo e xerar unha rede de mozos capaces, cercanos e próximos que realicen actividades saudables. Máis concretamente, a organización das actividades responde aos seguintes criterios:

– Desde unha perspectiva deportiva, preténdese dar a coñecer e experimentar actividades pouco comúns, buscando sensacións e aprendizaxes que nos leven a profundizar nas mesmas.

– Desde un punto de vista cultural, a idea é promocionar a socialización, apoio e confianza nos demáis coa creación artística, plástica e imaxinativa.

– Desde o enfoque lúdico, promóvese a participación en actividades colectivas buscando a interrelación entre iguais.

– Desde a perspectiva formativa, o obxectivo é aportar información clara e obxectiva sobre diversas temáticas e situacións que poidan plantexar conflitos aos mozos, e anticipar posibles situacións que poidan supor un risco para a saúde; así como mellorar a información sobre os efectos das bebidas alcohólicas a través do coñecemento e valoración de bebidas sen alcohol.

Poboación destinataria de 18.000 mozos

Segundo os estudos realizados pola Concellería de Saúde, a poboación destinataria das actividades que se incluirán no programa, inclúe a tódolos ourensáns desde os 14 aos 29 anos, cun total de 17.954 persoas como público obxectivo. O ámbito abranguerá preferentemente os barrios onde se localizan os centros cívicos e os espazos xuveniles, ási coma o entorno natural da cidade de Ourense.

Actividades doutras edicións

Entre as actividades incluídas en edicións anteriores atópanse modalidades como BTT, escalada, rutas culturais, sendeirismo, baile, rutas nocturnas en bicicleta, fotografía, cócteles sen alcohol, xogos tradicionais, así como actividades paralelas como búsqueda do tesouro ou a andaina sen tabaco.

23 de novembro de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.